O próximo 28 de xuño de 2018, Alberto Valverde dará unha conferencia na libraría Andel de Vigo sobre a poesía política durante a Transición e o discurso nacionalista en 1979.
Resumo:
Pasados xa corenta anos do inicio da Transición española, consideramos que estamos na hora de establecer unha ollada crítica sobre esta época dende un ollar historiográfico. Coa caída do réxime franquista estableceuse un camiño cara ao réxime monárquico e, asemade, democrático. Paralelamente, constrúese un novo marco administrativo: o estado das autonomías. Este último influíu de xeito decisivo non só na configuración do estado, senón que tamén na superestrutura social a través da evolución dunha sociedade aínda preindustrial cara ao capitalismo serodio adoptado do eixo Washington-Londres-Paris. Eis un hábitat no que o pensamento nacionalista ten de adaptarse, ora na forma de partidos políticos ora en novos movementos de base (sindicatos, asociacións culturais, etc.) cun obxectivo concreto: incidir na superestrutura social.
Con este traballo pretendemos coñecer mellor unha etapa histórica decisiva no devir do campo literario galego a partir dunha cata concreta, 1979, e dun xénero, o poético. O motivo da escolla radica en dous eixes: o político (finalización dunha década convulsa, o inicio da España Democrática e da Xunta Preautonómica a finais do 1978) e cultural (incorporación do idioma galego ao ensino non universitario, aparición de novas editoriais ou a dedicatoria das Letras Galegas a un escritor de vangarda como Manoel Antonio).
Desta maneira, focalizamos o xénero poético por mor de manexar durante varias décadas un capital simbólico singular, o discurso de resistencia cultural. A poesía socialrealista ocupa o canon dos anos setenta ao establecer un elo de unión entre o campo literario e outros paralelos como son o musical, o plástico e o político. A configuración de habitus como o de “poeta comprometido” revísase nesta altura para trocalo cara a unha nova dinámica que se podería definir xa na década de oitenta como de produción ou escrita “institucional”. É desta maneira como analizamos a produción deste ano para ver como se van asentando novos repertorios, axentes e habitus no campo literario galego da Transición.
Para tal finalidade, escollemos como modelo de traballo ou marco teórico concreto: a socioloxía da literatura, especialmente a partir da visión que tiñan desta os profesores X.González-Millán ou A. Figueroa. Esta decisión vén motivada polos obxectivos marcados, isto é, a revisión historiográfica dun momento determinante nas derivas do campo literario galego.
Bio-bibliografía de Alberto Valverde
Alberte Valverde Otero é crítico literario, profesor de lingua e literatura galegas e especialista en poesía galega vanguardista. Entre as súas publicacións destaca a súa tese de doutoramento innovadora sobre a historia do grupo Rompente (disponible aquí). Outras publicacións:
"A linguaxe underground en Lois Pereiro. Que lle podo ofrecer a quen me intente?", in Monográfico Lois Pereiro. pp. 71- 89. Universidade de Vigo e Edicións Xerais, 2011.
"A paratradución do proletariado na poesía galega dos setenta". Boletín Galego de Literatura. 45, pp. 255 - 278. Galaxia, 2011.
"As relacións interartes en Lois Pereiro". Grial. 49 - 190, pp. 120 - 127. Galaxia, 2011.
"Volve o halifa Reixa". Grial. 49 - 192, pp. 11 - 112. Galaxia, 2011.
"A linguaxe perfomática en Antón Reixa, Adolfo Luxúria Canibal e Arnaldo Antunes", in Soldando sal. Galician Studies in Translation & Paratranslation. pp. 199 - 217. München: Meidenbauer, 2010.
"Reconstruír Cunqueiro". A Trabe de Ouro. 3 - 79, pp. 143 - 146. Sotelo Blanco, 2009.
"A performance en Rompente". Anuario de Estudos Literarios Galegos. 2004 - 2004, pp. 96 - 105. Galaxia, 2004.

No comments:
Post a Comment