Xa está dispoñible nas librarías un volume con distintos textos críticos arredor da figura de Alexandre O'Neill, organizado por Joana Meirim e publicado pola editora Tinta China. O libro toma como título o encabezamento dunha crónica que o propio poeta escribiu en 1973, onde reivindicaba ironicamente unha festa de homenaxe tras 25 anos dedicado ao mundo literario. Así, este conxunto de artigos pretende ser unha resposta a esa satírica pregunta. Entre os numerosos textos recollidos neste volume, que analizan desde diferentes perspectivas o traballo dun dos maiores exponentes do movemento surrealista portugués, pódese destacar a achega que dous membros do proxecto de investigación POEPOLIT realizan á súa obra. Em primeiro lugar, Carlos Nogueira, trata de comprobar se estamos ante un poeta satírico, tema que se encontra entre as principais liñas de estudo do investigador da Universidade de Vigo. Pola súa banda, Burghard Baltrusch analiza a arte e a política en Alexandre O'Neill nun artigo titulado "'Amanhã acontecido'- Reflexões sobre arte e política em Alexandre O'Neill ".
Showing posts with label Carlos Nogueira. Show all posts
Showing posts with label Carlos Nogueira. Show all posts
Tuesday, 6 February 2018
Thursday, 27 April 2017
Coloquio Internacional: "Cordel brasileiro. Poesía política?"
O 27 de abril celebrouse na Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo un coloquio internacional baixo o título "Cordel brasileiro. Poesía política?", apoiado pola Cátedra Internacional José Saramago e o proxecto de investigación POEPOLIT.
A primeira intervención foi a de Carlos Nogueira, doutor en Literatura Portuguesa pola Facultade de Letras do Porto e actual rexidor da Cátedra Internacional José Saramago xunto con Burghard Baltrusch. A súa intervención foi unha reflexión sobre a peleja brasileira que, alén de ser un poema oral dialógico onde se tratan diversos temas de actualidade, tamén se pode converter nun poema escrito que forma parte da literatura de cordel. A peleja convértese, en moitas ocasións, nun desafío ao contexto sociopolítico no que foi producido, xa que o poder social, a relixión, o xénero, a masculinidade, a raza ou a cor da pel poden converterse en obxecto deste tipo de poesía.
Gislene Carvalho, doutoranda en Comunicación Social pola Universidade Federal de Minas Gerais, continuou o coloquio coa comunicación "Oralidade e memoria na literatura de cordel", onde presentou a literatura de cordel como o lugar que desafía a memoria institucional e que cuestiona diferentes formas de dominación simbólica. Para Gislene Carvalho, a literatura de cordel conta outra versión da Historia que non ten que ver cos actos oficiais, senón cos acontecementos do mundo cotiá e diario.
En terceiro lugar, Rafaella Teotônio, doutoranda en Teoría da Literatura e Literatura Comparada pola Universidade de Pernambuco, reflexionou na súa conferencia "Narrativas do nordeste brasileiro Leandro Gómez de Barros e Ariano Suassuna" sobre as relacións entre Leandro Gómez de Barros, principal expoñente da literatura de cordel brasileira, e o autor Ariano Suassuna, que se inspirou no primeiro para reflexar a cultura propia do nordeste brasileiro na súa peza O auto da compadecida.
Por último, o coloquio tivo como acto de peche unha mesa redonda baixo o título "Toda a poesía é política (Yehuda Amichai, poeta israelita). O cordel brasileiro é político?". Durante esta mesa, todos os participantes puideron achegar as súas ideas sobre a relación entre o cordel brasileiro e a poesía política. Pódese ver de novo a mesa redonda no seguinte enlace.
Subscribe to:
Posts (Atom)
