Se tudo a vãs palavras se reduz
E com elas me tapo a retirada,
Do poleiro da sombra nego a luz
Como a canção se nega embalsamada.
José Saramago
Dentro do marco das III Xornadas Internacionais José Saramago da Universidade de Vigo, que se celebrarán entre os días 3 e 5 de decembro, contarase coa performance poético-musical e audiovisual do grupo Electroplasma.
Electroplasma é un proxecto formado por Xurxo Nóvoa e Alexandre Soares. Xurxo Nóvoa (Vigo, Galiza) é poeta e fundador do proxecto Guilherme e Bastardo, e Alexandre Soares (Porto, Portugal) é fundador de GNR e Osso Vaidoso. Eelectroplasma é un local itinerante onde se mesturan poesía, música e teatro, e onde a imrpovisación é un sinal de identidade. O Plasma é un dos estados físicos da materia que posúe propiedades bastante diferentes das de sólidos, líquidos e gases. Non posúe forma ou volume e é electricamente condutor. No universo, o plasma é o estado máis común da materia. O electro-plasma é un tipo de plasma que sostén a súa coherencia física grazas aos harmónicos. Pódese consultar máis información na páxina oficial do seu facebook:
A través do seu espectáculo "Do poleiro da sombra", Electroplasma introdúcenos no mundo de José Saramago. "Do poleiro da sombra" é unha performance poético-musical (e visual) na que Electroplasma propón um roteiro cósmico sobre a obra de José Saramago en ligazón coa poesía lusófona e mesmo universal, especialmente con aqueles autores e autoras da Galiza máis próximos da sua constelación literaria e da súa actitude ética.
Electroplasma invítanos, da forma que segue, ao seu espectáculo, que se celebrará o próximo día 4 de decembro ás 19h00 no Salón X, da Facultade de Belas Artes (Pontevedra):
"Se nos acompanharem nesta passagem, durante uns 60 minutos seremos astronautas a percorrer o universo do Nobel: da Quinta da Broa à Sierra Madre de Chiapas, da faixa de Gaza ao Bundesbank, do Charco Verde e o Timanfaya à sombra das azinheiras sem idade.
Para esta travessia apenas precisam bagagem: vontade de nos encontrarmos e paixão para vivermos na dissidência e no improviso.
Até breve e boa viagem!".
No comments:
Post a Comment