Tuesday, 15 December 2020

V Conferencia Internacional José Saramago da Universidade de Vigo - "Escrevo para compreender" (18, 19 e 21 de decembro)

Como en anteriores ocasións a I Cátedra Internacional José Saramago organiza a V Conferencia Internacional José Saramago da Universidade de Vigo baixo o título Escrevo para compreender

Nesta edición manterase o espírito cosmopolita que caracterizou sempre ás xornadas e recibirá a participación de investigadores de diversos países (Polonia, Portugal, España, Reino Unido, EUA, Arxentina e Brasil) en 35 intervencións sobre o pensamento e a obra de José Saramago.

O evento terá lugar o 18, 19 e 21 de decembro no Museu Nacional da Imprensa (Porto, Portugal),entidade co-organizadora, mais desta volta o encontro realizarase primordialmente en liña.

Podes acceder ao programa completo e as instrucións para asistir picando aquí.

 

Monday, 14 December 2020

Webinar "Literatura latinoamericana actual"

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O día 15 de decembro terá lugar o seminario en liña Literatura latinoamericana actual:reflexións e desafíos organizado polo grupo de investigación ELICIN e o Departamento de Literatura Española e Teoría da Literatura da UVIGO. 

O seminario comprende diferentes relatorios desenvolvidos por docente da Universidade de Vigo, así como doutras universidades internacionais. As comunicacións trataran diversos aspectos como a violencia, o compromiso social, a novela negra, as novas tendencias da investigación etc. 

Pica aquí para acceder ao programa completo.

O evento desenvolverase, con acceso libre, entre as 10:00 e as 13:00 (hora española) na seguinte ligazón: https://tv.uvigo.es/live/5b609fcd8f42086f216258ac


 



Thursday, 26 November 2020

"Sitio Distinto and Arte de Ser Português: two performances about the concept of nation" por Antía Monteagudo

Antía Monteagudo vén de publicar "Sitio Distinto and Arte de Ser Português: two performances about the concept of nation", un interesante artigo sobre Antón Reixa e Alberto Pimenta, no libro Transcultural Spaces and Identities in Iberian Studies publicado por Cambridge Scholars.

Podes acceder á publicación picando aquí.


 

 

Monday, 9 November 2020

Mesa redonda " Perspectivas contemporâneas sobre a poesia"


O próximo día 18 de novembro terá lugar a palestra
Perspectivas contemporâneas sobre a poesia  dentro do I Congreso Internacional do PPGLEV  na que participarán Burghard Baltrusch (Universidade de Vigo), Pedro Serra (Universidade de Salamanca) e Cinda Gonda (UFRJ) e será mediada por Sofía de Sousa Silva (UFRJ).
 
IMPORTANTE: a sesión decorrerá entre as 11h e as 13 horas (horario de Brasilia) e poderá acceder calquera persoa que se teña inscrito como ouvinte

Três reflexões sobre a poesia se encontram, em exploração de problemas atuais e atemporais.
 
A tradicional questão da relação entre poesia e política assume um caráter vertiginoso em formas de fazer artístico contemporâneas.
 
A dualidade entre passado e presente aparece ainda no tratamento da questão intransponível da morte, que, concentrada no problema da morte da arte, pede a escuta da voz do poeta, em busca do que a própria poesia pode dizer hoje a esse respeito.
 
Não surpreende, assim, que o tema clássico do sistema das artes se torne uma questão que anima a reflexão sobre o fazer poético e sua relação com o cinema.


Saturday, 26 September 2020

Conferencia "Hacia una alfabetización ecosocial en tiempos de crisis civilizatoria"

O próximo luns 28 de setembro de 2020, a activista e investigadora Yayo Herrero López (UNED) dará unha conferencia titulada "Hacia una alfabetización ecosocial en tiempos de crisis civilizatoria". Pódese acceder á conferencia na seguinte ligazón: 

 https://campusremotouvigo.gal/access/public/meeting/3010752645 (password: udZ5N3Wm). 



Monday, 13 April 2020

"Rompente, a pesar de todo"

O grupo Rompente, que marcou o (re)inicio da vangarda literaria en Galicia (e cuxo núcleo formaban Antón Reixa, Manuel M. Romón e Alberto Avendaño, os nenos terríbeis da poesía galega), volveu reunirse o 4 de outubro 2019, por primeira vez en catro décadas, dentro do Festival Kerouac de Vigo. Aquí, pódese ver a gravación realizada pola I Cátedra Internacional José Saramago da Universidade de Vigo.

Recordamos tamén que en outubro de 2019, Antón Reixa visitou a Facultade de Filoloxía e Tradución da Uvigo para unhas Conversas xunto cos investigadores Burghard Baltrusch, Alberto Valverde e Antía Monteagudo. Este evento foi organizado coa colaboración da I Cátedra Internacional José Saramago e PoePolit.