Showing posts with label POEPOLIT. Show all posts
Showing posts with label POEPOLIT. Show all posts

Sunday, 29 October 2017

Visitas de Antonio Méndez Rubio e Alethia Alfonso á Universidade de Vigo

O pasado 26 de outubro de 2017, a FFT da Universidade de Vigo contou coa visita de dous grandes investigadores da literatura: pola mañá, o poeta, ensaísta e profesor Antonio Méndez Rubio impartiu unha  conferencia titulada "Poetizar lo común (perdiendo el mundo)", e, pola tarde, a mexicana Alethia Alfonso deu un seminario co nome "Diferencias entre ecopoética y ecocrítica". Ambos reflexionaron sobre o estado da relación actual entre poesía e política contemporáneas. 


O poder do poético, a tiranía da estética e a sensación de estar perdendo o mundo na conferencia de Méndez Rubio

A intervención do poeta e investigador Antonio Méndez Rubio comezou coa proxección dunha curta de animación de Steve Cutts que ilustraba a sensación de malestar que, para o profesor valenciano, caracteriza o noso momento histórico.Vivimos dominados pola sensación de estar perdendo o mundo e coa idea de que só a estética nos pode salvar ("en un mundo perdido y sin ética, a las personas sensibles solo nos queda la estética" afírmase no cómic Máquina Baja citado polo conferenciante). Seguindo as teorías de grandes estudosos como Foucault, Rancière ou Derrida, Méndez Rubio tentou explicar a diferenza entre o poético e o estético, así como as implicacións de vivir nun mundo estetizado. Mentres que a estética se centra no emisor, a poesía fai o propio coa mensaxe. Na actualidade, a poesía estúdase como unha parte da literatura, que á súa vez, forma parte do artístico ou do estético, incluído dentro do social. Este pequeno espazo que se lle dedica á poesía, sempre baixo o dominio da estética, implica que non se pode exprimir o poético ao máximo e, polo tanto, as funcións e o poder da poesía, redúcense. A función poética, centrada na mensaxe, aparece baixo o poder do estético e da súa función expresiva (centrada no emisor), polo que podemos afirmar que estamos a sufrir unha substitución do poético polo estético e do político polo ético. Partimos da idea sinalada por Rancière de que a arte é política pola pragmática social que propón e que se fai dunha forma estética, pero a estética e a política poden ser unha asociación perigosa. O problema é cando estetizamos a política, concedéndolle máis importancia á función expresiva da linguaxe cá propia mensaxe que transmitimos. Isto ocorreu durante os diferentes réximes fascistas (cuestión xa estudada por Méndez Rubio no seu ensaio FBI, Fascismos de Baja Intensidad). Se o artístico só se fai estético, elimínase o poético e a súa capacidade transformadora do mundo. 

A substitución da poesía pola estética pode crear unha sensación de autocompracencia e de superficialidade, símbolos da sociedade "neofascista" na que vivimos. O profesor e poeta usa este termo para caracterizar a nosa realidade mercantilizada e sen capacidade crítica. Cambiamos a mensaxe do poético pola satisfacción do expresivo baleiro e prodúcese como resposta unha fuga da realidade, que nos leva á sensación de estar a perder o mundo. Un exemplo que ilustra ben isto é o caso dos selfies e a necesidade de autocompracencia e recoñecemento. Os selfies preséntanse como o paradigma desta sociedade "neofascista", estetizada pero sen unha verdadeira mensaxe. Como resposta a isto, prodúcese unha evasión da realidade para a que nos resgardamos na nosa coiraza. Ante unha sociedade neofacista, baleira, sen mensaxe, evadímonos da realidade e escondémonos. A mellor metáfora para describir a situación actual dunha sociedade marcada polo mercado e a lei da estética é a dun cangrexo ermitán que non quere saír para non perder a seguridade da súa cuncha, imaxe que proxectou o poeta durante a súa conferencia.

Polo tanto, na nosa sociedade estetizada, protexémonos na nosa cuncha contra o poético, porque sabemos que é precisamente isto o que pode tranformar o mundo. Para tentar modificar o noso espazo común, debemos intentar poñer en relación o político e o poético. O único que nos pode librar da sensación de perder o mundo é, polo tanto, a busca dun novo concepto de poesía que non só se centre no estético (como a chamada "Poesía da expresión" dos anos 80 e 90, xa analizada por Antonio Méndez Rubio no seu ensaio La destrucción de la forma y otros escritos sobre poesía y conflicto, 2008), senón que tamén interveña sobre o espazo político dunha forma crítica. Pódese ver toda a conferencia impartida por Antoniuo Méndez Rubio na seguinte ligazón. 




Ecocrítica, ecopoesía e biosemiótica durante o seminario aberto de Alethia Alfonso

Durante o seminario que Alethia Alfonso impartiu esa mesma tarde, a investigadora mexicana tentou describir a ecocrítica, ecopoesía e biosemiótica, tres novas formas de achegarnos á poesía que nacen como unha hibridación entre os estudos medioambientais e o estudo temático dunha obra e cuxo obxectivo é o de entender a forma na que nos relacionamos co medio no que vivimos. 

A ecopoesía nace ligada á fenomenoloxía, xa que nos coloca en relación co medio. Algúns dos estudosos principais deste movemento son Pollock, Reilly e Rigby. Entre as principais manifestacións de ecopoesía podemos encontrar a poesía nacionalista do século XIX ou a poesía bucólica e pastoril. 

Pola súa banda, a ecocrítica nace coa unión de diversas áreas de estudo (en concreto, da ecoloxía e da crítica) nunha universidade dos Estados Unidos. Froito desta unión, nace a idea de que cada poema é fillo do seu tempo e que todo se relaciona co medio ambiente no que é creado. Unha das vertentes principais é a da materialidade da linguaxe, que implica que o uso ou a práctica da linguaxe é distinta en cada texto, pois non existe unha linguaxe universal, senón unha semellanza familiar. Esta idea foi exposta, por primeira vez  por D. Bleich, baseándose, á súa vez, en Wittgenstein. 

Por último, a biosemiótica fundouse en Moscova e plantexa a idea de que todos os entes do planeta son capaces de crear semiose entre si. Un exemplo de semiose sería a linguaxe humana, que non só serve para comunicarnos mellor, senón para moldear o mundo á nosa visión. A forma na que modificamos o noso mundo créanos conflitos con outros animais, xa que non somos os únicos que facemos semiose. Entre os estudos máis salientables deste movemento podemos destacar a James Shapiro, que chegou a plantexar que a interpretación dos xens era unha forma de crear poesía; ou tamén a Thoreau e a Emerson, que durante o século XIX entenderon a natureza como unha forma de conectar mellor con Deus. 

Estas tres novas formas de achegarnos á literatura, á parte de crear unha forma de estudo interdisciplinar, permiten analizar as diferentes culturas como se fosen ecosferas e, partindo de esquemas como o da ecoloxía, estudar a relación de poder e equilibrio que se establece entre as distintas culturas do mundo. Pódese ver toda o seminario impartido pola profesora na seguinte ligazón. 




Máis información sobre estas dúas visitas no Diario Oficial da Universidade de Vigo (DUVI): 


https://duvi.uvigo.gal/contenido/artigos/cultura/2017/10/artigo_0021.html

http://tv.uvigo.es/es/serial/3239.html

Thursday, 27 April 2017

Coloquio Internacional: "Cordel brasileiro. Poesía política?"


O 27 de abril celebrouse na Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo un coloquio internacional baixo o título "Cordel brasileiro. Poesía política?", apoiado pola Cátedra Internacional José Saramago e o proxecto de investigación POEPOLIT. 

A primeira intervención foi a de Carlos Nogueira, doutor en Literatura Portuguesa pola Facultade de Letras do Porto e actual rexidor da Cátedra Internacional José Saramago xunto con Burghard Baltrusch. A súa intervención foi unha reflexión sobre a peleja brasileira que, alén de ser un poema oral dialógico onde se tratan diversos temas de actualidade, tamén se pode converter nun poema escrito que forma parte da literatura de cordel. A peleja convértese, en moitas ocasións, nun desafío ao contexto sociopolítico no que foi producido, xa que o poder social, a relixión, o xénero, a masculinidade, a raza ou a cor da pel poden converterse en obxecto deste tipo de poesía. 



Gislene Carvalho, doutoranda en Comunicación Social pola Universidade Federal de Minas Gerais, continuou o coloquio coa comunicación "Oralidade e memoria na literatura de cordel", onde presentou a literatura de cordel como o lugar que desafía a memoria institucional e que cuestiona diferentes formas de dominación simbólica. Para Gislene Carvalho, a literatura de cordel conta outra versión da Historia que non ten que ver cos actos oficiais, senón cos acontecementos do mundo cotiá e diario.

                                    

En terceiro lugar, Rafaella Teotônio, doutoranda en Teoría da Literatura e Literatura Comparada pola Universidade de Pernambuco, reflexionou na súa conferencia "Narrativas do nordeste brasileiro Leandro Gómez de Barros e Ariano Suassuna" sobre as relacións entre Leandro Gómez de Barros, principal expoñente da literatura de cordel brasileira, e o autor Ariano Suassuna, que se inspirou no primeiro para reflexar a cultura propia do nordeste brasileiro na súa peza O auto da compadecida.


                                 


Por último, o coloquio tivo como acto de peche unha mesa redonda baixo o título "Toda a poesía é política (Yehuda Amichai, poeta israelita). O cordel brasileiro é político?". Durante esta mesa, todos os participantes puideron achegar as súas ideas sobre a relación entre o cordel brasileiro e a poesía política. Pódese ver de novo a mesa redonda no seguinte enlace.

                             

Saturday, 15 April 2017

POEPOLIT


Galego
"Poesía actual e política: Análise das relacións contemporáneas entre produción cultural e contexto sociopolítico (POEPOLIT)" é un proxecto de investigación financiado polo Ministerio de Economía e Competitividade do Goberno de España (FFI2016-77584-P, 2016-2019).

O proxecto POEPOLIT pretende estudar dunha forma sistemática o carácter político de certas expresións poéticas actuais en Occidente. A partir de análises non soamente textuais, senón tamén de fenómenos intermediais, indagaranse cuestións como se unha poesía esteticamente complexa ten menos probabilidades de exercer unha influencia política ca unha poesía máis popular; se poesía e poetas deberían ser máis ampliamente recoñecidas/os como axentes portadores e potenciais conformadores dunha visión ou epistemoloxía especial; cal é a súa influencia sobre a sociedade e, en caso afirmativo, si a sociedade recoñece esta influencia; ou cales serían as consecuencias ou os riscos implícitos para unha poesía que se asume como apolítica ou 'separada' da sociedade; como se poden expandir os actuais horizontes de 'o político' a través de novas linguaxes poéticas e analíticas; entre outros aspectos.
O obxectivo teórico principal será o testado da efectividade e aplicabilidade da noción do político para a análise da poesía actual a partir do conxunto das propostas teóricas contemporáneas e das perspectivas que equiparan directamente a poesía coa política ou que as aproximan de forma graduada desde perspectivas e metodoloxías variadas. Outro obxectivo teórico será a preparación dunha argumentación capaz de integrar as perspectivas da poesía actual non lírica, a súa relación co espazo público e co seu contexto sociopolítico. Neste sentido, realizaranse análisee de fenómenos poéticos da actualidade provenientes de ámbitos culturais diferentes e diversificados: principalmente hispanoamericano, lusófono e anglófono, pero tamén dos ámbitos español, francófono, galego, germanófono e vasco. A partir de metodoloxías derivadas da sociocrítica, do postmodernismo, do postcolonialismo, etc., dedicarase especial atención ás prácticas de mediación poética e á súa incidencia política; ás prácticas verbales de intervención política, particularmente nos repertorios de protesta dos movementos sociais contemporáneos; á relación entre poesía e política a partir da noción e figura autorial; e á relación entre poesía e política na cidade neoliberal.
A parte dos estudos de caso desde perspectivas multidisciplinares e comparadas que contemplen non únicamente a produción, senón tamén a mediación ou transferencia e a recepción de prácticas poéticas cunha dimensión política, realizarase o rexistro e a clasificación de prácticas poéticas en circulación e de estudos metodológicos e teórico-críticos nunha base de datos virtual que se ambiciona converter nun marco de referencia e ferramenta única para o estudo e análise da relación entre poesía actual e política no contexto occidental.

Palabras chave: Poesía actual, política, cambio sociopolítico, sociocrítica, mediación poética.

Participan investigadoras/es de onze universidades e sete países: Alethia Afonso (Universidad Iberoamericana, México), Kenia Aubry Ortegón (Universidad Autónoma de Campeche, México), Burghard Baltrusch (UVigo, investigador principal), Mônica Sant’Anna de Carvalho (UVigo), Arturo Casas (USC), Alba Cid (USC), Ana Chouciño (USC), Geneviève Fabry (Université catholique de Louvain), Joana Matos Frias (Universidade do Porto), Cornelia Gräbner (Lancaster University), Ilka Kressner (University at Albany, New York), Rosa Martelo (Universidade do Porto), Antía Monteagudo Alonso (UVigo), Carlos Nogueira (UVigo), Gabriel Pérez Durán (UVigo), Iratxe Retolaza Gutiérrez (Euskal Herriko Unibertsitatea), Anne Shea (California College of the Arts), Iria Sobrino Freire (UdC), Luca Salvi (Università degli Studi di Verona), Cristina Tamames Gala (USC).

POEPOLIT é a continuación de dous proxectos anteriores: O discourso non lírico na poesía contemporánea: espazos, suxeitos, hibridación enunciativa, medialidade (2009-2012), financiado polo Ministerio de Ciencia e Inovación do Goberno de España (FFI2009-12746) e Poesía contemporénea no espazo público: intervención, transferencia e performatividade (2012-2016), financiado polo Ministerio de Economía e Competetividade (FFI2012-33589). Un dos resultados foi a base de datos P(O)ESPUBLIC.


English

"Contemporary Poetry and Politics: Research on Contemporary Relations between Cultural Production and Sociopolitical Context (POEPOLIT)" is a research project funded by the Ministry of Economy and Competitively of the Spanish Government (FFI2016-77584-P, 2016-2019).


The POEPOLIT project aims to systematically examine the political character of a variety of contemporary poetic expressions from the Western World. Based on textual analyses as well as analyses of intermedial phenomena, the key research questions will be, among others: Is an aesthetically complex poetry less likely to have a political impact than a more popular poetry? Should poets and their works be more clearly recognized as political agents of a specific vision or epistemology? Which is their influence on society today, and provided that they do have an influence, does society recognize it? Which could the implicit results and risks of a poetry that is described as apolitical or ‘separate’ from society? How can the current horizons of 'politics' be expanded through new poetic and analytical languages?
The main theoretical objective is to probe the effectiveness and applicability of the notion of the political in the context of an analysis of contemporary poetry based on the variety of contemporary theoretical proposals and perspectives that directly equate poetry with politics or gradually approximate both from diverse perspectives and methods. A second theoretical objective consists in integrating the perspectives of contemporary non-lyrical poetry, its relation with the public space and its sociopolitical context.
Following this line of enquiry, we will analyze contemporary poetic phenomena from different and diverse cultural environments: mostly hidpanoameric, lusophone and anglophone, but also from Spanish, Francophone, Galician, German-speaking and Basque contexts. Drawing on methodologies adapted from socio-criticism, postmodernism and postcolonialism, among others, we will lend special attention to practices of mediation and their political implications; to spoken word practices of political intervention, especially as they form part of the repertoires of protest of contemporary social movement; to the relationship between poetry and politics as they related to the figure of the author; to the relationship between poetry and politics in the neoliberal city.
Apart from the individual case studies, carried out from multi-disciplinary and comparative perspectives which refer to production as well as mediation and transference and to the reception of poetic practices with a political dimension, we will document and classify in a virtual database poetic practices in circulation, as well as methodological and theoretical-critical studies. This database is designed to become a point of reference and a unique tool for the study and analysis of the relationship between contemporary poetry and politics in the Western context.

Key words: Contemporary poetry, politics, sociopolitical change, social criticism, poetic mediation.

Researchers from eleven universities and seven countries are participating in this project: Alethia Afonso (Universidad Iberoamericana, México), Kenia Aubry Ortegón (Universidad Autónoma de Campeche, México), Burghard Baltrusch (UVigo, investigador principal), Mônica Sant’Anna de Carvalho (UVigo), Arturo Casas (USC), Alba Cid (USC), Ana Chouciño (USC), Geneviève Fabry (Université catholique de Louvain), Joana Matos Frias (Universidade do Porto), Cornelia Gräbner (Lancaster University), Ilka Kressner (University at Albany, New York), Rosa Martelo (Universidade do Porto), Antía Monteagudo Alonso (UVigo), Carlos Nogueira (UVigo), Gabriel Pérez Durán (UVigo), Iratxe Retolaza Gutiérrez (Euskal Herriko Unibertsitatea), Anne Shea (California College of the Arts), Iria Sobrino Freire (UdC), Luca Salvi (Università degli Studi di Verona), Cristina Tamames Gala (USC).

POEPOLIT is a continuation of two previous projects: Non-lyric discourse in contemporary poetry: spaces, subjects, enunciative hybridity, mediality (2009-2012), funded by the Ministry of Science and Innovation of the Spanish Government (FFI2009-12746), and "Contemporary Poetry in the Public Space: Intervention, Transfer and Performativity" (2012-2016), funded by the Spanish Ministry of Economy and Competetivity (FFI2012-33589). One of their results is the P(O)ESPUBLIC database.


Español

"Poesía actual y política: Análisis de las relaciones contemporáneas entre producción cultural y contexto sociopolítico (POEPOLIT)" es un proyecto de investigación financiado por el Ministerio de Economía e Competitividad del Gobierno de España (FFI2016-77584-P, 2016-2019).

El proyecto POEPOLIT pretende estudiar de una forma sistemática el carácter político de ciertas expresiones poéticas actuales en Occidente. A partir de análisis no solamente textuales, sino también de fenómenos intermediales, se indagará en cuestiones como si una poesía estéticamente compleja tiene menos probabilidades de ejercer una influencia política que una poesía más popular; si poesía y poetas deberían ser más ampliamente reconocidas/os como agentes portadores y potenciales conformadores de una visión o epistemología especial; cuál es su influencia sobre la sociedad y, en caso afirmativo, si la sociedad reconoce esta influencia; o cuáles serían las consecuencias o los riesgos implícitos para una poesía que se asume como apolítica o ‘separada’ de la sociedad; como se pueden expandir los actuales horizontes de 'lo político' a través de nuevos lenguajes poéticos y analíticos; entre otros aspectos.
El objetivo teórico principal será el testado de la efectividad y aplicabilidad de la noción de lo político para el análisis de la poesía actual a partir del conjunto de las propuestas teóricas contemporáneas y de las perspectivas que equiparan directamente la poesía con la política o que las aproximan de forma graduada desde perspectivas y metodologías variadas. Otro objetivo teórico será la preparación de una argumentación capaz de integrar las perspectivas de la poesía actual no lírica, su relación con el espacio público y con su contexto sociopolítico. En este sentido, se realizarán análisis de fenómenos poéticos de la actualidad provenientes de ámbitos culturales diferentes y diversificados: principalmente hispanoamericano, lusófono y anglófono, pero también de los ámbitos español, francófono, gallego, germanófono y vasco. A partir de metodologías derivadas de la sociocrítica, del postmodernismo, del postcolonialismo, etc., se dedicará especial atención a las prácticas de mediación poética y a su incidencia política; a las prácticas verbales de intervención política, particularmente en los repertorios de protesta de los movimientos sociales contemporáneos; a la relación entre poesía y política a partir de la noción y figura autorial; y a la relación entre poesía y política en la ciudad neoliberal.
A parte de los estudios de caso desde perspectivas multidisciplinares y comparadas —que contemplen no únicamente la producción, sino también la mediación o transferencia y la recepción de prácticas poéticas con una dimensión política—, se realizará el registro y la clasificación de prácticas poéticas en circulación y de estudios metodológicos y teórico-críticos en una base de datos virtual que se ambiciona convertir en un marco de referencia y herramienta única para el estudio y análisis de la relación entre poesía actual y política en el contexto occidental.

Palabras clave: Poesía actual, política, cambio sociopolítico, sociocrítica, mediación poética.

Participan investigadoras/es de onze universidades y siete países: Alethia Afonso (Universidad Iberoamericana, México), Kenia Aubry Ortegón (Universidad Autónoma de Campeche, México), Burghard Baltrusch (UVigo, investigador principal), Mônica Sant’Anna de Carvalho (UVigo), Arturo Casas (USC), Alba Cid (USC), Ana Chouciño (USC), Geneviève Fabry (Université catholique de Louvain), Joana Matos Frias (Universidade do Porto), Cornelia Gräbner (Lancaster University), Ilka Kressner (University at Albany, New York), Rosa Martelo (Universidade do Porto), Antía Monteagudo Alonso (UVigo), Carlos Nogueira (UVigo), Gabriel Pérez Durán (UVigo), Iratxe Retolaza Gutiérrez (Euskal Herriko Unibertsitatea), Anne Shea (California College of the Arts), Iria Sobrino Freire (UdC), Luca Salvi (Università degli Studi di Verona), Cristina Tamames Gala (USC).

POEPOLIT es la continuación de dos proyectos anteriores: El discourso no lírico en la poesía contemporánea: espacios, sujetos, hibridación enunciativa, medialidad (2009-2012), financiado por el Ministerio de Ciencia e Inovación del Gobierno de España (FFI2009-12746) y Poesía contemporénea en el espacio público: intervención, transferencia y performatividad (2012-2016), financiado por el Ministerio de Economía y Competetividad (FFI2012-33589). Un de los resultados ha sido la base de datos P(O)ESPUBLIC.