Xa está dispoñible nas librarías un volume con distintos textos críticos arredor da figura de Alexandre O'Neill, organizado por Joana Meirim e publicado pola editora Tinta China. O libro toma como título o encabezamento dunha crónica que o propio poeta escribiu en 1973, onde reivindicaba ironicamente unha festa de homenaxe tras 25 anos dedicado ao mundo literario. Así, este conxunto de artigos pretende ser unha resposta a esa satírica pregunta. Entre os numerosos textos recollidos neste volume, que analizan desde diferentes perspectivas o traballo dun dos maiores exponentes do movemento surrealista portugués, pódese destacar a achega que dous membros do proxecto de investigación POEPOLIT realizan á súa obra. Em primeiro lugar, Carlos Nogueira, trata de comprobar se estamos ante un poeta satírico, tema que se encontra entre as principais liñas de estudo do investigador da Universidade de Vigo. Pola súa banda, Burghard Baltrusch analiza a arte e a política en Alexandre O'Neill nun artigo titulado "'Amanhã acontecido'- Reflexões sobre arte e política em Alexandre O'Neill ".
Showing posts with label Burghard Baltrusch. Show all posts
Showing posts with label Burghard Baltrusch. Show all posts
Tuesday, 6 February 2018
Tuesday, 24 October 2017
Videoconferencia: "Reflexiones sobre la poesía y política a partir de 'O ano de 1993' de José Saramago". Burghard Baltrusch
En el marco de las actividades realizadas por el proyecto de investigación POEPOLIT y dentro del Ciclo de Videconferencias Internacional "Conjeturas sobre poesia actual y política", el día 29 de noviembre el profesor Burghard Baltrusch, de la Universidad de Vigo, impartió la conferencia titulada

Reflexiones
sobre la poesía y política a partir de O ano de 1993 de José Saramago
Resumen:
El texto poético de O ano de 1993, que José Saramago publica en 1975, se caracteriza por un fuerte toque ilustrativo que siempre está en relación directa con la idea de la acción política. Esta relación entre política, poesía y arte también se hace evidente en las ilustraciones que la pintora portuguesa Graça Morais realizó, a petición del autor, para una segunda edición en 1987. Esta conferencia quiere mostrar cómo esta diálogo intersemiótico entre poesía e ilustración produce un choque tanto perceptivo como sensible, como característica inherente al arte político (Rancière 2013). Tanto la poesía de Saramago como el arte de Graça Morais problematizan la idea de verdad y el contexto, en el que cualquier idea de verdad puede funcionar. Las ilustraciones de Graça Morais hacen las imágenes del texto más nítidas y, al mismo tiempo, más complejas, completando su intención política.
Ciclo de videoconferencias internacionais "Conjeturas sobre poesía y política contemporáneas"
No marco das actividades organizadas polo proxecto de investigación POEPOLIT (Poesía Actual e Política) e co apoio da I Cátedra Internacional José Saramago, a Universidade Autónoma de Campeche (México) realiza o ciclo de videoconferencias internacionais “Conjeturas sobre poesía y política contemporáneas”, que inclúe a investigadores de ata seis universidades diferentes. As conferencias desenvolveranse durante os meses de outubro, novembro e decembro, e comezarán este mércores coa intervención de Ana Chouciño (Universidade de Santiago de Compostela), que falará sobre "Melancolía y política en algunos poetas mexicanos del siglo XX". Posteriormente, será o turno de Alethia Alfonso (Universidad Iberoamericana), que tratará a poesía política a través da cuestión "Política o ética? Consecuencias posibles de las poéticas contemporáneas". O 23 de novembro será a oportunidade de Alba Cid (Universidade de Santiago de Compostela), cuxa conferencia leva por título "'Lo que no desaparece': posibilidades de la enunciación colectiva en Antígona González, de Sara Uribe". O 29 de novembro Burghard Baltrusch (Universidade de Vigo) presentará a súa comunicación "Reflexiones sobre poesía y política a partir de El año de 1993, de José Saramago" e o día 30, Iratxe Retolaza Gutiérrez (Universidad del País Vasco) fará o propio con "La construcción del género en la poesía carcelaria (en lengua vasca)". A última das conferencias será a impartida por Ilka Kressner (Universidad de Albany, SUNY) o 7 de decembro baixo o título "Desasosiego en la ciudad neoliberal. Reflexiones en torno a la poesía peruana urbana contemporánea". Os resumos de cada unha das conferencias pódense consultar pinchando no título de cada traballo.
Subscribe to:
Posts (Atom)

