Showing posts with label Hu Xudong. Show all posts
Showing posts with label Hu Xudong. Show all posts

Friday, 27 October 2017

Obradoiro Internacional de Tradución Poética "Con barqueira e remador"

Este ano celebrouse a sexta edición do Obradoiro Internacional de Tradución Poética "Con barqueira e remador", un proxecto organizado por Yolanda Castaño coa colaboración do Consello de Cultura e do concello de Redondela, entre outros. Esta pioneira iniciativa (pioneira no noso país, pero similar á realizada noutros estados) reúne un conxunto de poetas e traductores de diferentes linguas que durante unha semana se xuntan na Illa de San Simón e, a través dun idioma común, tradúcense uns aos outros. Nas anteriores edicións sempre se usou como lingua ponte o inglés, pero este ano, tentouse evitar a hexemonía da cultura anglófona e usouse como intermediario o portugués. As actividades foron alén da tarefa de tradución realizada na illa de San Simón e incluíron recitais en Vigo, Pontevedra ou Redondela. 


                                 


Os convidados deste ano foron Hu Xudong (chinés), Francesca Cricelli (italo-brasileira), Antón García (asturiano), Tomica Bajsić (Croacia), Rita Dahl (Finlandia) e Estevo Creus (Galicia). Xusto antes de embarcarse nesta aventura de tradución poética, tivemos a sorte de contar coa presenza de Hu Xudong na FFT de Vigo, que nos falou sobre "Traducir a poesía brasileira para o chinés: experiencias dun poeta e tradutor". Na súa conferencia, Hu Xudong explicou como chegou á poesía brasileira a través de traducións inglesas e como despois de aprender a lingua, decidiu comezar a traducir poemas brasileiros ao chinés, tanto para enriquecer a poesía chinesa contemporánea como a súa propia experiencia poética. Este investigador, poeta e tradutor terminou a súa intervención cunha lectura das traducións que fixo de poemas de João Cabral de Melo Neto ao chinés:


                                   

Wednesday, 11 October 2017

Conferencia "Traducir a poesia brasileira para o chinés" de Hu Xudong

“Traduzir a Poesia Brasileira para o Chinês:
Experiências de um Poeta e Tradutor”
Hu Xudong (Universidade de Pequim)





Nesta conferencia, o poeta, tradutor e investigador chinés Hu Xudong expuxo experiencias prácticas en relación á súa actividade como tradutor de poesía brasileira ao chinés. Comezando practicamente de cero, entrando na leitura da poesia brasileira via traducións inglesas, decidiu, despois de aprender a lingua portuguesa, traducir poesía brasileira co propósito de enriquecer a poesía contemporánea chinesa, como tamén a súa propia obra. A partir de exemplos prácticos, ilustrou os seus intentos de encontrar un equilibrio entre unha tradución ‘fiel’ e unha tradución ‘creativa’, e como unha voz poética brasileira pode convivir cun ton característico da poesía chinesa contemporánea.

Hu Xudong (Chongqing, 1974) é poeta, crítico e tradutor, mestre en Literatura Comparada e doutor en Literatura Chinesa Contemporánea pola Universidade de Beijing, onde traballa. É profesor asociado no Instituto de Literatura Mundial e vicedirector do Núcleo de Cultura Brasileira. Entre 2003 e 2005, estivo como professor visitante na Universidade de Brasília. Publicou nove libros de poesía, tamén prosa, ensaios, traducións de poemas e crítica de poesía. Gañou varios premios, como o Premio de Poesía LiuLi’an, o Tomorrow-Ergun, o Top 10 Novos Poetas e o Premio Internacional do Rio das Pérolas. Participou no International Writing Program en Iowa (EUA), no Cosmopoética de Córdoba (Espanha), no Poesía Internacional Rotterdam (Holanda), no Anglo-French Poetry Festival(França), no Festival Poesía Asiático-Nórdico (Finlândia;Noruega), no Festival Poesía Pacífico (Taiwan), Festival Literario de Macau (Macau).
  
Libros de poesía, en chinés:

From Water’s Edge, Beijing: New Youth, 2001; Juice of the Wind, Beijing: New Youth, 2002; Amor en los Tiempos del SARS, Beijing: New Youth, 2003; What Time Is It There?, Hangzhou: BlogCN, 2005; The Strength of the Calendar, Beijing: The Writers Publishing House, 2007; The Eternal Inside Man, Guangzhou: Royal Media, 2010; Travel/Poems, Haikou: Hainan Publishing House, 2011; Poems of Diapers, Taipei: Showwe, 2013. Obras em prosa, em chinês: Random Words of A Random Life, Beijing: Workers Press, 2006; Go to His Brazil, Beijing: China Friendship Publishing Corporation, 2007; Eat/Think, Beijing: Law Press China, 2011; A Casual Passion in Brazil, Nanjing: Nanjing University Press, 2012.


Antoloxías en inglés e español que conteñen poemas de Hu Xudong:

Another Kind of Nation: An Anthology of Contemporary Chinese Poetry, edited by Zhang Er & Chen Dongdong, Jersey City: Talisman House, 2007; Push Open the Window: Contemporary Poetry from China, edited by Wang Qingping, Port Townsend: Copper Canyon Press, 2011; Jade Ladder: Contemporary Chinese Poetry, edited by Yang Lian & W.H. Herbert, Northumberland: Bloodaxe Books, 2012; New Cathay: Contemporary Chinese Poetry 1990-2012, edited by Mindy, North Adams: Tupelo Press, 2013; La Niebla de Nuestra Edad, 10 poetas chinos contemporáneos, Editado por Fan Ye & Javier Martín Ríos, Granada: Ficciones, 2009.

Sites com máis información:



Este é o texto que Hu Xudong leu durante a súa conferencia:




Tamén se pode volver ver a conferencia que Hu Xudong impartiu na FFT a través da gravación que fixo a Uvigo.tv: