Tuesday 6 February 2018

Sátira, arte e política en Alexandre O'Neill

Xa está dispoñible nas librarías un volume con distintos textos críticos arredor da figura de Alexandre O'Neill, organizado por Joana Meirim e publicado pola editora Tinta China. O libro toma como título o encabezamento dunha crónica que o propio poeta escribiu en 1973, onde reivindicaba ironicamente unha festa de homenaxe tras 25 anos dedicado ao mundo literario. Así, este conxunto de artigos pretende ser unha resposta a esa satírica pregunta. Entre os numerosos textos recollidos neste volume, que analizan desde diferentes perspectivas o traballo dun dos maiores exponentes do movemento surrealista portugués, pódese destacar a achega que dous membros do proxecto de investigación POEPOLIT realizan á súa obra. Em primeiro lugar, Carlos Nogueira, trata de comprobar se estamos ante un poeta satírico, tema que se encontra entre as principais liñas de estudo do investigador da Universidade de Vigo. Pola súa banda, Burghard Baltrusch analiza a arte e a política en Alexandre O'Neill nun artigo titulado "'Amanhã acontecido'- Reflexões sobre arte e política em Alexandre O'Neill "




No comments:

Post a Comment